La Coctelera

Portada

11 Noviembre 2008

ACDC fan un videoclip en Excel

Mentres penso un pouco que facer co blog (que está clamando a berros unha remodelación xa) comento unha das iniciativas realizadas polo grupo de rock ACDC para promocionar o seu último traballo (por se hai aínda alguén que de vez en cando me visite).

A verdade é que a iniciativa é, dende logo, moi orixinal e divertida. Xa que moitas persoas non poden conectarse dende o seu lugar de traballo a portais como Youtube (debido obviamente a unha restricción da súa empresa) pensaron en idear outro modo para que os seus fans non se perdesen o último videoclip. A solución: facer un videoclip en Excel. Pode soar a cachondeo, pero é verdade. Os ACDC acaban de facer (salvo que se descubra o contrario) o primeiro videoclip en Excel da historia. Nel podemos ver os componentes do grupo tocando o seu novo tema, grazas a súa representación con código Ascii (as imaxes están formadas por números e letras). Agardamos que vos guste.

O video pode descargarse aquí.

Visto en Creativos sin Ideas.

servido por Mónica 53 comentarios compártelo

16 Octubre 2008

FRITZ LANG


Os galegos estamos de sorte. Ata o vindeiro 16 de novembro pódese visitar na Fundación Luis Seoane da Coruña a exposición 'A Escultura en Fritz Lang'. Este magnífico director de cine sempre amosou un grande interese pola escultura, unha arte que xogou un papel importante nas películas alemás de Lang (mesmo chegando a ser en algunhas ocasións a protagonista indiscutible). E é que antes de adicarse ao cine, Fritz Lang estudou arquitectura, pintura e artes aplicadas.

Na exposición pódense ver dende esculturas e maquetas empregadas nas súas películas ata series de fotogramas, carteis e debuxos dos deseños dos seus filmes. Estas obras proveñen de tres filmotecas: a Cinemathèque Française, a Deutsche Kinemathek e a Slovenska Kinoteca.

A mostra conta con distintas seccións. Unha delas está adicada aos deuses, ídolos, máscaras e fetiches presentes na obra artística de Fritz Lang. Tamén as máquinas e os robots, elementos imprescindibles no universo do director, atópanse expostas. Na exposición encontraremos a famosa Mensch-Machine, o famoso robot feminino de Metrópolis. E tamén poderemos desfrutar dun conxunto de esculturas realizadas polo director ao redor de 1915 en Eslovenia.

Esta exposición complétase con fragmentos das películas de Lang, entrevistas inéditas do director e as mellores partituras dos seus filmes.
Tags: arte, cine

servido por Mónica 24 comentarios compártelo

10 Octubre 2008

FESTIVAL DE CINE DE OURENSE


E un ano máis comeza outra edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, que este ano xa vai pola súa decimoterceira edición. Celebrarase entre o 11 e o 18 de outubro e nel poderemos ver 301 producións cinematográficas e audiovisuais xunto a unha mostra de producións made in Galicia.

Poderemos ver 116 proxeccións na sección competitiva, entre largometraxes, animación, curtas, documentais e novos media. Cabe destacar a forte presenza de curtas desta sección, con ata 51 pezas. Este ano hai, ademais, 12 seccións temáticas, que abranguen dende a emigración, a memoria histórica ou o diálogo de xeracións, ata retratos de cine ou saír do armario.

En paralelo a estas proxeccións haberá actividades paralelas dirixidas a estudantes e profesionais da comunicación, tales como masterclasses, foros de debate e espazos de encontro.

Sen dúbida poderemos ver filmes moi interesantes que non se soen ver nas redes habituais de difusión. Arriba, unha imaxe da película chinesa Bi An, de Zhang Yibai.

Tags: cine

servido por Mónica sin comentarios compártelo

9 Octubre 2008

Meme


Envíanme dende Ler arreo unhas preguntas sobre que faría se só me quedase un día de vida.

Que canción che gustaria escoitar?
Escoitaría varias e distintas; dende algunha de Black Sabbath (para ir poñéndose en tesitura) ata outras máis actuais doutro xénero musical.

A que libro lle botarias un ollo?
Pois se me quedara só ese día de vida non creo que me preocupara por botarlle ollo a ningún.

Con quen che gustaría falar?

Con toda a xente especial da miña vida que fai tempo que non vexo, ademais de cos meus pais e o meu mozo. Aínda que tamén, postos a pedir, sería un puntazo poder falar coa miña cadeliña.

Que che gustaría comer?

Algún prato exótico que non tivera probado antes, acompañado de viño da miña terra.

Que farías e que che queda pendente por facer?
Pois quedaríanme pendentes un montón de cousas: viaxar a un montón de lugares, rodar unha curta (aínda que traballara nalgunhas nunca exercín de directora)... E quizais tamén escribir unha novela.
O que faría non o sei... o que me petara nese momento. Seguramente algunha tolada!!

servido por Mónica 20 comentarios compártelo

3 Octubre 2008

Paul Strand


E tamén dende hoxe pódese ver na Fundación Pedro Barrié de la Maza unha exposición do fotógrafo americano Paul Strand. Strand, ao igual que outros fotógrafos modernistas como Alfred Stieglitz ou Edward Weston, axudou a establecer a fotografía como arte durante o século XX. E foi un dos precursores da fotografía directa ou fotografía realista.

Strand comezou facendo retratos e viaxando polo país facendo fotos de colexios e fraternidades, fotografías que logo lles vendía aos estudiantes. Así foi creando o seu estilo persoal. Nesa época, o estilo fotográfico era que as imaxes parecesen pinturas, fotografías con luz difusa e lixeiramente desenfocadas. Pero Stieglitz comezou a facer o que se chamaría fotografía directa; imaxes sen manipulacións ou efectos de ningún tipo. Logo, Strand empezou a facer tamén fotografías directas, moi distintas das pictorialistas da época e de moi diferente temática. En Nova York quería fotografiar a dura cidade, retratar a xente tal e como se ve nos parques, sentada por ahí, sen posar, sen sequera saber que están sendo fotografiados. Para eso colleu as lentes da vella cámara do seu tío e as puso na súa Ensign Reflex nun lado; así estas falsas lentes apuntaban cara unha dirección e coas verdadeiras apuntaba ao que realmente quería fotografiar, sen que a xente soubese que estaba sendo fotografiada. Deste xeito fixo moitos dos seus primeiros retratos.

Esta exposición inaugurada hoxe é a primeira retrospectiva que se pode ver en España do fotógrafo americano. A mostra reúne fotos de todos os períodos da súa carreira, organizada en torno a dez seccións que permiten entender todas e cada unha destas etapas. É, dende logo,  unha gran oportunidade para coñecer a este fotógrafo, un dos grandes mestres da fotografía do século pasado.


Tags: fotografia

servido por Mónica 2 comentarios compártelo

3 Octubre 2008

Maraton fotografico de Vigo


Hoxe inaugurouse a exposición da decimoterceira edición do Maratón Fotográfico de Vigo. As mellores fotografías captadas polos 112 participantes desta edición atópanse na Casa das Artes de Vigo e poderán verse ata o 12 de outubro. Os 4 temas a concurso eran "Vermello", "Prensa", "Artesáns" e "Autorretrato".

A verdade é que hai fotografías moi boas e orixinais. Os temas eran máis sinxelos que os da pasada edición e iso, probablemente, redundou no resultado final das fotografías que, segundo comentan, son de maior calidade que as do ano pasado.

Eu era o primeiro ano que participaba, pero penso repetir. A experiencia foi moi positiva e o bo ambiente reinou todo o día do maratón. Non gañei nada, pero quedei conforme co resultado final. Velaquí vos deixo as miñas fotos. Obviamente non son as mellores, pero aínda que só sexa polo bo día que pasei quedei contenta.

Tags: fotografia

servido por Mónica 21 comentarios compártelo

22 Septiembre 2008

Cocksucker blues


Entérome grazas a número f que podemos disfrutar no Youtube de Cocksucker blues, o mítico traballo de Robert Frank sobre a xira americana que fixeron os Rolling Stones no ano 72. A difusión deste documental fora prohibida polos propios Rolling Stones cando viron o resultado: o retrato dos músicos de xira cometendo todo tipo de excesos (algo, por outra banda, moi típico da época). O luxo, as drogas, as groupies e tamén moitas festas forman parte deste documental, no que tamén teñen cabida os ensaios, viaxes e shows do grupo.

Os Rolling Stones contrataran a Frank para facer un documental sobre eles de xira, pero cando viron como quedara pensaron que aquelo non era un retrato do que saíran favorecidos. Durante un tempo, Frank ensinou o traballo en persoa, tras conseguir unha orde xudicial que llo permitía. Pero este documental segue sendo, aínda hoxe, moi difícil de atopar. Por iso hai que aproveitar a ocasión de que fora colgado no Youtube, xa que, ao mellor, só podemos desfrutar del por tempo limitado.


Tags: video

servido por Mónica 33 comentarios compártelo

2 Septiembre 2008

CRECÍN NOS OITENTA

Levo bastante tempo afastada deste blog, pero hoxe enviaronme un vídeo e apetecíame compartilo con todo o mundo. Non sei se será frikismo ou nostalxia, pero o certo é que me botei unhas risas rememorando vellos tempos. E é que eu tamén crecín nos 80.

Agardo coa chegada de Setembro recargar as pilas e actualizar máis a miúdo.

servido por Mónica 3 comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de Mónica

audiovisualgalego

Vigo, España
ver perfil »
contacto »


contadores
contadores


observa

The House Of Blogs, directorio de blogs

Rate me on Bloggoggle

Fotos

Mónica Camba todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera