http://audiovisualgalego.lacoctelera.net <a href="http://www.flickr.com/photos/7978893@N02/2550234707/" title="Portada by eskonxuro, on Flickr"><img src="http://farm4.static.flickr.com/3031/2550234707_3a5e667575_o.jpg" width="650" height="120" alt="Portada" /></a> es-es Televisión y Series diseño publicidad the-shaker v0.1. More on http://www.the-shaker.com ACDC fan un videoclip en Excel http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/11/11/acdc-fan-videoclip-excel 2008-11-11T14:13:33+00:00 Mentres penso un pouco que facer co blog (que está clamando a berros unha remodelación xa) comento unha das iniciativas realizadas polo grupo de rock ACDC para promocionar o seu último traballo (por se hai aínda alguén que de vez en cando me visite).

A verdade é que a iniciativa é, dende logo, moi orixinal e divertida. Xa que moitas persoas non poden conectarse dende o seu lugar de traballo a portais como Youtube (debido obviamente a unha restricción da súa empresa) pensaron en idear outro modo para que os seus fans non se perdesen o último videoclip. A solución: facer un videoclip en Excel. Pode soar a cachondeo, pero é verdade. Os ACDC acaban de facer (salvo que se descubra o contrario) o primeiro videoclip en Excel da historia. Nel podemos ver os componentes do grupo tocando o seu novo tema, grazas a súa representación con código Ascii (as imaxes están formadas por números e letras). Agardamos que vos guste.

O video pode descargarse aquí.

Visto en Creativos sin Ideas.

]]>
http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/11/11/acdc-fan-videoclip-excel#comentarios
FRITZ LANG http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/10/16/fritz-lang 2008-10-16T02:03:07+00:00 Os galegos estamos de sorte. Ata o vindeiro 16 de novembro pódese visitar na Fundación Luis Seoane da Coruña a exposición 'A Escultura en Fritz Lang'. Este magnífico director de cine sempre amosou un grande interese pola escultura, unha arte que xogou un papel importante nas películas alemás de Lang (mesmo chegando a ser en algunhas ocasións a protagonista indiscutible). E é que antes de adicarse ao cine, Fritz Lang estudou arquitectura, pintura e artes aplicadas.

Na exposición pódense ver dende esculturas e maquetas empregadas nas súas películas ata series de fotogramas, carteis e debuxos dos deseños dos seus filmes. Estas obras proveñen de tres filmotecas: a Cinemathèque Française, a Deutsche Kinemathek e a Slovenska Kinoteca.

A mostra conta con distintas seccións. Unha delas está adicada aos deuses, ídolos, máscaras e fetiches presentes na obra artística de Fritz Lang. Tamén as máquinas e os robots, elementos imprescindibles no universo do director, atópanse expostas. Na exposición encontraremos a famosa Mensch-Machine, o famoso robot feminino de Metrópolis. E tamén poderemos desfrutar dun conxunto de esculturas realizadas polo director ao redor de 1915 en Eslovenia.

Esta exposición complétase con fragmentos das películas de Lang, entrevistas inéditas do director e as mellores partituras dos seus filmes.
]]>
http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/10/16/fritz-lang#comentarios
FESTIVAL DE CINE DE OURENSE http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/10/10/festival-cine-ourense 2008-10-10T11:22:12+00:00 E un ano máis comeza outra edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, que este ano xa vai pola súa decimoterceira edición. Celebrarase entre o 11 e o 18 de outubro e nel poderemos ver 301 producións cinematográficas e audiovisuais xunto a unha mostra de producións made in Galicia.

Poderemos ver 116 proxeccións na sección competitiva, entre largometraxes, animación, curtas, documentais e novos media. Cabe destacar a forte presenza de curtas desta sección, con ata 51 pezas. Este ano hai, ademais, 12 seccións temáticas, que abranguen dende a emigración, a memoria histórica ou o diálogo de xeracións, ata retratos de cine ou saír do armario.

En paralelo a estas proxeccións haberá actividades paralelas dirixidas a estudantes e profesionais da comunicación, tales como masterclasses, foros de debate e espazos de encontro.

Sen dúbida poderemos ver filmes moi interesantes que non se soen ver nas redes habituais de difusión. Arriba, unha imaxe da película chinesa Bi An, de Zhang Yibai.

]]>
http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/10/10/festival-cine-ourense#comentarios
Meme http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/10/09/meme 2008-10-09T12:06:08+00:00 Envíanme dende Ler arreo unhas preguntas sobre que faría se só me quedase un día de vida.

Que canción che gustaria escoitar?
Escoitaría varias e distintas; dende algunha de Black Sabbath (para ir poñéndose en tesitura) ata outras máis actuais doutro xénero musical.

A que libro lle botarias un ollo?
Pois se me quedara só ese día de vida non creo que me preocupara por botarlle ollo a ningún.

Con quen che gustaría falar?

Con toda a xente especial da miña vida que fai tempo que non vexo, ademais de cos meus pais e o meu mozo. Aínda que tamén, postos a pedir, sería un puntazo poder falar coa miña cadeliña.

Que che gustaría comer?

Algún prato exótico que non tivera probado antes, acompañado de viño da miña terra.

Que farías e que che queda pendente por facer?
Pois quedaríanme pendentes un montón de cousas: viaxar a un montón de lugares, rodar unha curta (aínda que traballara nalgunhas nunca exercín de directora)... E quizais tamén escribir unha novela.
O que faría non o sei... o que me petara nese momento. Seguramente algunha tolada!!

]]>
http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/10/09/meme#comentarios
Paul Strand http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/10/03/paul-strand 2008-10-03T01:03:06+00:00

E tamén dende hoxe pódese ver na Fundación Pedro Barrié de la Maza unha exposición do fotógrafo americano Paul Strand. Strand, ao igual que outros fotógrafos modernistas como Alfred Stieglitz ou Edward Weston, axudou a establecer a fotografía como arte durante o século XX. E foi un dos precursores da fotografía directa ou fotografía realista.

Strand comezou facendo retratos e viaxando polo país facendo fotos de colexios e fraternidades, fotografías que logo lles vendía aos estudiantes. Así foi creando o seu estilo persoal. Nesa época, o estilo fotográfico era que as imaxes parecesen pinturas, fotografías con luz difusa e lixeiramente desenfocadas. Pero Stieglitz comezou a facer o que se chamaría fotografía directa; imaxes sen manipulacións ou efectos de ningún tipo. Logo, Strand empezou a facer tamén fotografías directas, moi distintas das pictorialistas da época e de moi diferente temática. En Nova York quería fotografiar a dura cidade, retratar a xente tal e como se ve nos parques, sentada por ahí, sen posar, sen sequera saber que están sendo fotografiados. Para eso colleu as lentes da vella cámara do seu tío e as puso na súa Ensign Reflex nun lado; así estas falsas lentes apuntaban cara unha dirección e coas verdadeiras apuntaba ao que realmente quería fotografiar, sen que a xente soubese que estaba sendo fotografiada. Deste xeito fixo moitos dos seus primeiros retratos.

Esta exposición inaugurada hoxe é a primeira retrospectiva que se pode ver en España do fotógrafo americano. A mostra reúne fotos de todos os períodos da súa carreira, organizada en torno a dez seccións que permiten entender todas e cada unha destas etapas. É, dende logo,  unha gran oportunidade para coñecer a este fotógrafo, un dos grandes mestres da fotografía do século pasado.


]]>
http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/10/03/paul-strand#comentarios
Maraton fotografico de Vigo http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/10/03/maraton-fotografico-vigo 2008-10-03T00:09:55+00:00

Hoxe inaugurouse a exposición da decimoterceira edición do Maratón Fotográfico de Vigo. As mellores fotografías captadas polos 112 participantes desta edición atópanse na Casa das Artes de Vigo e poderán verse ata o 12 de outubro. Os 4 temas a concurso eran "Vermello", "Prensa", "Artesáns" e "Autorretrato".

A verdade é que hai fotografías moi boas e orixinais. Os temas eran máis sinxelos que os da pasada edición e iso, probablemente, redundou no resultado final das fotografías que, segundo comentan, son de maior calidade que as do ano pasado.

Eu era o primeiro ano que participaba, pero penso repetir. A experiencia foi moi positiva e o bo ambiente reinou todo o día do maratón. Non gañei nada, pero quedei conforme co resultado final. Velaquí vos deixo as miñas fotos. Obviamente non son as mellores, pero aínda que só sexa polo bo día que pasei quedei contenta.

]]>
http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/10/03/maraton-fotografico-vigo#comentarios
Cocksucker blues http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/09/22/cocksucker-blues 2008-09-22T16:11:46+00:00 Entérome grazas a número f que podemos disfrutar no Youtube de Cocksucker blues, o mítico traballo de Robert Frank sobre a xira americana que fixeron os Rolling Stones no ano 72. A difusión deste documental fora prohibida polos propios Rolling Stones cando viron o resultado: o retrato dos músicos de xira cometendo todo tipo de excesos (algo, por outra banda, moi típico da época). O luxo, as drogas, as groupies e tamén moitas festas forman parte deste documental, no que tamén teñen cabida os ensaios, viaxes e shows do grupo.

Os Rolling Stones contrataran a Frank para facer un documental sobre eles de xira, pero cando viron como quedara pensaron que aquelo non era un retrato do que saíran favorecidos. Durante un tempo, Frank ensinou o traballo en persoa, tras conseguir unha orde xudicial que llo permitía. Pero este documental segue sendo, aínda hoxe, moi difícil de atopar. Por iso hai que aproveitar a ocasión de que fora colgado no Youtube, xa que, ao mellor, só podemos desfrutar del por tempo limitado.


]]>
http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/09/22/cocksucker-blues#comentarios
CRECÍN NOS OITENTA http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/09/02/crecin-nos-oitenta 2008-09-02T23:55:20+00:00 Levo bastante tempo afastada deste blog, pero hoxe enviaronme un vídeo e apetecíame compartilo con todo o mundo. Non sei se será frikismo ou nostalxia, pero o certo é que me botei unhas risas rememorando vellos tempos. E é que eu tamén crecín nos 80.

Agardo coa chegada de Setembro recargar as pilas e actualizar máis a miúdo.

]]>
http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/09/02/crecin-nos-oitenta#comentarios
NOVAS E CURIOSIDADES http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/07/23/novas-e-curiosidades 2008-07-23T13:40:20+00:00 Tras un parón de verán, volto con algunhas novas destes últimos días (imaxino que a alguén lles interesarán)

Por unha banda, moitos xa oiréchedes falar do novo videoclip do grupo de rock Radiohead, no que grazas a dúas tecnoloxías das empresas Geometric Informatics e Velodyne. As tecnoloxías empregadas no video permiten capturar imaxes en 3D do mundo real sen empregar lentes, mediante un sistema de xeometría informática que produce un feixe de luz que rexistra imaxes tridimensionais se se proxecta a pouca distancia do obxecto. Isto foi empregado para os planos curtos.
Ademais, a banda empregou un sistema que utiliza diferentes láseres para capturar contornos de maior tamaño, coma paisaxes. O resultado é este videoclip, realizado sen empregar nen cámaras nen iluminación; tan só láser e datos. Os datos poden ser descargados dende esta páxina web.

Por outra banda, unha nova que de seguro interesa a tod@s os galeg@s relacionados co sector audiovisual. Segundo unha entrevista concedida por Suso Iglesias, director da TVG, a un xornal galego, a segunda canle da televisión autonómica arrincará en outubro as súas emisións. Segundo conta Suso Iglesias, esta canle irá esencialmente dirixida ó público infantil, aínda que tamén haberá contidos xuvenís, culturais e de servizo público, dando así cabida a aqueles contidos que non se atenden en exceso pola guerra de audiencias. Ademais, segundo as declaracións de Suso Iglesias, esta segunda canle non implicará a creación de novos postos de traballo. No ano e medio que queda para o apagón analóxico, di que van a manexar pouco orzamento, polo que se poñerán "series para nenos que xa estaban ahí, dobradas porque o Xabarín as emitiu fai anos e que as recontratan agora a un prezo moi barato".

E outra nova que nos chega estes días pola Axencia Audiovisual Galega, é que neste segundo semestre do ano faranse en Galicia cerca de cen producións audiovisuais, nas que predominarán as curtametraxes de ficción. Segundo a Axencia, esta cifra amosa un crecemento superior ó rexistrado en anos anteriores, e dentro destas producións estarán representados todos os modelos de produción posibles: dende óperas primas a directores con experiencia, cinema comercial, coproducións con outros territorios ou producións de baixo orzamento. A variedade de modelos de produción estará acompañada pola variedade de xéneros narrativos, dende a comedia social ata a road movie.
Dende aquí agardamos que a cantidade non vaia reñida coa calidade.

]]>
http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/07/23/novas-e-curiosidades#comentarios
MALDITO BASTARDO http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/07/03/maldito-bastardo 2008-07-03T01:07:12+00:00

Hoxe vou adicar o post a uns rapaces galegos aos que xa fixo referencia o meu amigo Luis. Sen ningún apoio económico e gravando durante as fins de semana ao longo de 3 anos, Javi Camino dirixiu unha película chamada ¡Maldito Bastardo!, que podemos catalogar como gore en estado puro e que se puido disfrutar no Festival de Cans.

O filme, cargado con grandes doses de humor negro, sensentidos e violencia gratuita sitúase nun alucinante mundo rural onde o primitivismo, a alta tecnoloxía, a baixeza moral e a cultura psicodélica conviven en armonía. Segundo as frases publicitarias: Maldito bastardo! é un virus que devora as túas entrañas. Maldito bastardo! é un alambique humano. Maldito bastardo! é unha matanza gratuita. Maldito bastardo! é un deus de peluche. Maldito bastardo! é AMOR.

Pois esta película foi seleccionada para exhibirse na sección oficial do festival italiano de Fearmament, un festival con temática de terror que se celebra en Turín e que remata hoxe. Sen dúbida todo un triunfo para estes rapaces que, dende logo, o merecen.

Velaquí vos deixo o trailer do film, así coma o primeiro video que lanzaran no Youtube para promocionar a película. Este último (como di Luis, toda unha acción de marketing viral con selo galego) recibiu máis de 21.000 visitas no Youtube e demostrou como, aínda con poucos cartos, se poden facer accións interesantes e chamar a atención do público. Dende logo, todo un exemplo a seguir.


Trailer


Hallazgo de un aparato radioactivo en el monte
]]>
http://audiovisualgalego.lacoctelera.net/post/2008/07/03/maldito-bastardo#comentarios