Xa se abriu o prazo para o envío de curtas de animación para o concurso de Mundos Dixitais que convoca a Universidade da Coruña dende fai xa sete anos.

A competición está aberta a tódalas obras realizadas cunha finalidade non comercial, e con posterioridade ó 1 de xaneiro do 2006. Os traballos deberán presentarse, antes do 1 de maio, en formato DVD, Beta SP, MiniDV o VHS, e poderán remitirse por envío postal ó seguinte enderezo:

Festival Internacional de Animación Mundos Dixitais. VideaLAB.

ETS Camiños, Canles e Portos. Universidade da Coruña.

Campus Elviña s/n.

15071 A Coruña

Tamén as podedes enviar a través da web http://www.mundosdigitales.org/.

As pezas finalistas das distintas categorías do concurso incluiranse no programa oficial de Mundos Dixitais 2007, onde un xurado formado por profesionais do audiovisual será o encargado de fallar os galardóns. Outorgarase un premio á mellor curta de animación, outro á mellor produción nacional, e outros dous premios especiais do xurado e do público.

Para máis información,chamade ó teléfono 981167000 (ext. 5444), ou escribide o enderezo info@mundosdigitales.org.