Se en España temos os Goya, aquí en Galicia están os premios Mestre Mateo, que cada ano premian ó mellor do audiovisual que se fai por estas terras. Este ano participan moitas máis empresas que o ano pasado, que competirán nas 25 categorías que establecen estes premios. O 25 de febreiro deuse a coñecer a lista de nominados a estes premios, que se celebrará no mes de Maio no Teatro Colón de A Coruña.

Se queredes saber máis dos nominados este ano, podedes consultar o seguinte enlace:

http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/ficheros/397_1.pdf

E para ver un pouquiño do que se poderá ver alí, vou ir colgando algúns fragmentos dos nominados deste ano.


A CASA DE 1906

Compite nas categorías:

-Mellor programa TV -Mellor produción interactiva
-Mellor dirección de produción -Mellor deseño de vestiario
-Mellor dirección artística -Mellor montaxe
-Mellor son -Mellor guión
-Mellor dirección e realización


DE PROFUNDIS

Compite nas categorías:

-Mellor longametraxe -Mellor produción interactiva
-Mellor dirección de fotografía -Mellor dirección artística
-Mellor montaxe -Mellor son
-Mellor guión -Mellor banda sonora
-Mellor dirección


E nos seguintes links, podedes ver algúns videos polos que compite Ficcion Producciones:


UN CAMIÑO DE ESTRELAS, UNHA CIDADE DE CINE

-Mellor produción de publicidade

http://www.ficcion-producciones.com/ProduccionesES.php?Tipo=4&Prod=2

BECHOS RAROS

-Mellor curtametraxe de ficción

http://www.ficcion-producciones.com/ProduccionesES.php?Tipo=1&Prod=11


A BIBLIOTECA DA IGUANA

-Mellor película de TV

Xa iremos colgando algunhas cousiñas máis dos nominados deste ano.