Para todos aqueles e aquelas amantes da fotografía, o vindeiro mes de Abril ven plagadiño de concursos.
- A Exma. Deputación de Pontevedra convoca un concurso de fotografía enmarcado dentrodas actividades do Proxecto NEA-Experiencia Atlántica. Podedes consultar as bases no seguinte link: http://formacionytrabajo.com/nea
- A Fundación de Estudos Rurais de UPA e Eumedia, S.A. convocan o primeiro Concurso de Fotografía do Mundo Rural de España.
A Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros, a través da Fundación de Estudos Rurais, e Eumedia S.A., unha editora especializada en publicacións agroalimentarias e rurais, puxeron en marcha este concurso de fotografía, que celebra a súa primeira edición, co obxectivo de impulsar o coñecemento da realidade do espazo rural no seu conxunto, facendo fincapé en situacións vencelladas ó traballo dos agricultores e gandeiros. Tamén pretenden resaltar o papel da muller rural no conxunto da sociedade actual. O prazo de presentación das fotografías está aberto ata o 22 de abril. Podedes consultar máis información na web http://www.concursofotorural.es/2006/.
- E para finalizar, outros concursos nos que podedes participar son os seguintes:
II CERTAMEN NACIONAL DE FOTOGRAFÍA "CIUDAD DE MELILLA"
http://www.melilla.es/ovmelilla/opencms/portal/com/contenido.jsp?pag=/portal/cultura/noticias/IICertamenNacionalFotografia
PHOCO'07. V CERTAMEN INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA
XIX CERTAMEN JÓVENES CREADORES. FOTOGRAFÍA DOCUMENTAL. 2007 (Ayto. Madrid)
E particularmente vos recomendo este último, onde podedes gañar ata 3.000 € de premio. Ademais da categoría de fotografía documental, podedes participar noutras, como ARTES PLÁSTICAS (debuxo, escultura, fotografía artística, gravado, pintura e técnicas mixtas), CÓMIC, DESEÑO DE PÁXINAS WEB, GASTRONOMÍA, GRAFFITI, MODA, POESÍA, TEATRO, VIDEO, MÚSICA e NARRATIVA.



Que post máis interesante... agradezo moito este tipo de información.
gracias por toda esta informacion, es muy util... espero no tener que compartir el premio contigo si ganoi alguno... o todosss..jeje
un bico