PLAY DOC chegou a súa fin....
- Goran Radovanovic - guionista, realizador e crítico de cine serbio que regresa ó festival despois de ser un dos premiados na primeira edición de Play-Doc -
- Dominique Abel - directora de cine, que ten realizado películas-documentais relacionadas co mundo do Flamenco. Ademais tamén é unha bailarina de éxito.
- Ana Isabel Santos Strindberg - esta sueca afincada en Portugal, é a coordinadora de programación e membro da xunta directiva do Doclisboae de APORDOC -
- Sebastián Talavera Serrano - sevillano, doctor en Comunicación Audiovisual e Publicidade, director do documental "Dueños de nada" -
- Pepe Coira - escritor, crítico cinematográfico e guionista, Subdirector de Voz Audiovisual e Responsable de desenvolvemento en Filmax Galicia -. Exerceu de presidente do xurado.


O O
Odomingo foi o quinto e último día, onde se puideron ver as últimas proxeccións e se fixo a entrega de premios. O gañador na categoría de LONGAMETRAXES foi THE MOTHER'S HOUSE, de Francois Verster, pola súa mirada sutil coa que observa unha historia sumamente complexa, chea de ira, odio e tenrura. O documental é un retrato sobrecolledor de Miché, unha adolescente precoz que se fai muller na Sudáfrica do Post-Apartheid, onde ademais de facer fronte ós problemas da súa comunidade, arrasada pola delincuencia e as drogas, ten que facer fronte á violencia física e emocional que reina na súa casa.
E no apartado de CURTAMETRAXES foron gañadoras ex-aequo A GIRL NAMED KAI, de Kai Ling Xue, así como I WANT TO BE A PILOT, de Diego Quemada-Díez. En 'A girl named Kai', con material filmado en 8 e 16 mm, a directora nos abre o seu diario íntimo, e revélanos unha viaxe a través das relacións, o propio descubrimento, a paixón, os soños e os segredos. E 'I want to be a pilot' amósanos a Omondi, un rapaz que vive na cidade perdida máis grande do leste de África, onde cada día ve avións voando por riba del, que soña con ser piloto.
Na categoría ATLÁNTICO 'AINDA HA PASTORES?, do portugués Jorge Pelicano, alzouse co premio; unha historia sobre a extinción do oficio de pastor nas montañas de Serra da Estrela, en Portugal.
No Salón de Actos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) poderedes ver os documentais premiados nesta III Edición do 12 ó 14 de Abril, ás 19:00 e 21:00 horas. Non volo perdades!!





films dijo
Que interesante eu oíno pol radio si señor
29 Marzo 2007 | 09:35 AM