Exposicións interesantes na cidade de Vigo
O Museo de Arte Contemporánea ofrece no seu Espazo Anexo un Audiolab (Hacklab) como lugar de experimentación aberto e público, no que se levan a cabo traballos de investigación, difusión, e toda unha serie de actividades paralelas. Este proxecto parte do Taller Paisaxe Sonora de Vigo, que se desenvolveu no mes de novembro do 2006 tamén no MARCO.
Así, o Espazo Anexo convértese nun obradoiro público no que pode participar calquera persoa interesada en experimentar co son, que terá a súa disposición os equipamentos técnicos da sala, incluíndo un sistema de gravación portátil - para todos aqueles que queiran colaborar na construcción do mapa sonoro de Vigo -. Ademais, os venres hai actividades especiais abertas ó público, coma concertos, performances, conferencias, obradoiros... Se queredes ter máis información sobre este proxecto, que se pode visitar ata o 13 de maio, podedes consultar o link do



