A Fundación Luis Seoane ofrécenos unha proposta interesante: a primeira edición do Premio Lente Negra.Convocan un concurso de 'trailers' ficticios; trailers para películas que non existen e que non se filmarán.



'É o único festival que existe, probablemente, en todo o mundo, dedicado a xogar coa ironía, coa estreita liña que une e divide a realidade da ficción', segundo nos di a directora da fundación, Silvia Longueira.


O concurso está aberto a todos os afeccionados ó audiovisual que superen os 16 anos e non deben superar os tres minutos de duración. O xurado outorgará dous galardóns de 1.500 € cada un para os traballos premiados.

É unha idea pioneira para que todos aqueles amantes da 7ª arte poidan, cunha cámara doméstica, un programa de edición e, sobre todo, moita imaxinación, rachar a barreira do absurdo e ofrecer un 'avance' sobre unha obra que non se chegará a realizar.

Podedes atopar máis información sobre este certame consultade a Axenda da páxina web da Fundación. E para mostra, algúns exemplos dos trailers máis orixinais do cine.



A Clockwork Orange


Eraserhead