O 23 de Abril celébrase o día do libro. E que mellor forma que adicarlle este post á súa relación co cine e o audiovisual en xeral.
Existen innumerables versións de obras de Shakespeare - sobre todo de 'Romeo e Julieta' -e temos tamén versións de novelas máis recentes, como é o caso de 'O perfume'ou 'O código da Vinci'.
Se nos centramos no ámbito galego, existen tamén bastantes exemplos de adaptacións ó cine, como:
-A lingua das bolboretas, versión cinematográfica dun relato do escritor Manuel Rivas, publicado dentro do seu libro ¿Que me queres amor?
- O lapis do carpinteiro, baseada nunha das novelas de maior éxito de Manuel Rivas, do mesmo nome.
- Trece badaladas, versión cinematográfica da novela de Suso de Toro.
- O alquimista impaciente, unha película de Patricia Ferreira, baseaa na novela homónima de Lorenzo Silva.
- Romasanta, a caza da besta, inspirada nun argumento do escritor Alfredo Conde, producida pola Fantastic Factory do grupo Filmax.
- Belas Dormentes, dirixida por Eloy Lozano e producida por Off Films, baseada na novela do premio Nobel xaponés Yasunari Kawabata.
- O cid, a lenda, un filme de animación producido por Filmax Animation, froito da combinación de 2D e 3D, este último desenvolvido por Bren Entertainment.
- P3, Pinocho 3000, unha versión futurista do conto de Pinocho.
E para rematar, poderiamos abrir un debate sobre que película baseada nun libro consideramos que fai unha mellor adaptación. Agardo os vosos comentarios!!!

Pois a verdade que é difícil dicir cal pode ser a mellor adaptación.
La verdad es que yo, entre leer un libro o ver una película, me quedo con la lectura. No hay nada como saborear una gran obra lentamente...jejeje. Sin embargo, he de decir, que un libro que ha sido perfectamente adaptado es (para mi gusto) "El Club de los Poetas Muertos", incluso diría que me ha gustado (raro en mí) la película más que el libro, puede que porque ví la película antes de leer el libro, o no sé, pero tenía mucha más emocion el largometraje, con el increíble Robin Williams...
Oh Capitan, my capitan!
Grazas a vós, a ti por comentar!!! Por certo un dos dous autores de films (eu) estuda publicidade na túa facultade :) Intúo que ti estudas pubilcidade pola columna "amigos" e imaxino que este é un blog para a asignatura de diseño non?
saúdos
PD: o meu "vello" blog de diseño era www.lacoctelera.com/lauramassmedia
Efectivamente, estudo Publicidade e este blog é para a materia de deseño. O teu antigo blog non o coñecía. Pareceume bastante interesante, xa que é raro atopar un blog sobre a radio - polo menos feito por un alumno -. Case todos nós enfocamos o blog á publicidade ou ás RR.PP ou á imaxe e fotografía.
Por certo, noraboa a ti e ó teu compañeiro polo blog de films, todo un referente para min.
:) grazas!
Lémonos en films e neste o te estupendo blog.
Pues aunque no es un libro, supongo que si valdra como adaptacion al cine "Sin City". Y aunque parte con la ventaja del mejor storyboard que se pueda pedir, la complicacion esta en llevarla al cine manteniendo esa estetica comic.
Asi que posiblemente de las peliculas mas recientes, como adaptacion, me quedo con esta.
A min tamén me parece moi boa a adaptación de "Sin City". Plasmaron moi ben esa estética comic na película.
En canto a "El Club de los Poetas Muertos" non sabía que era unha adaptación literaria. A película gustoume, pero non sei como era a novela para poder opinar.