Este post vai adicado a Dani, a persoa que me axudou a mellorar a imaxe do meu blog con esta graciosa vaquiña que agora está de cabeceira.
Hoxe quero falar dos programas culturais que podemos ver na TVG. Un deles é Miraxes, o programa que tódalas fins de semana infórmanos de todas as novidades artísticas e culturais que se producen en Galicia, así como nos ofrece interesantes entrevistas e reportaxes sobre cine, cultura, música ou arte. O programa, que se emite os sábados e domingos ás 15:30 e os luns á 1:15 da madrugada, conta tamén cunha axenda de exposicións, actuacións, concertos e convocatorias semanais que non nos deberiamos perder.
Outro programa interesante é Planeta Cine, que da man de Uxía Blanco nos informa da actualidade cinematográfica da carteleira. Ademais, inclúe diferentes seccións, como unha crítica cinematográfica, un percorrido polo cine galego na historia e Cinema Paradiso, na que distintos personaxes lembran as películas da súa vida.
E como non falar de Onda Curta, o programa que tódolos domingos pola noite en tan só media hora nos amosa curtametraxes de realizadores galegos, así como reportaxes de rodaxes e estreas de curtas, convocatorias de festivais e información sobre axudas, ademais de ofrecernos un videoclip dun grupo galego. Un programa imprescindible para tod@s os interesad@s no sector audiovisual.
Recoméndovolos para que vos manteñades informados de todo o que se coce aquí, en Galicia.



Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados