José Cendón gañou este ano dous prestixiosos premios de fotografía polo seu traballo en Burundi: un premio no World Press Photo e outro no Pictures of the Year. Aínda que este fotógrafo independente naceu en Venezuela, creceu en Santiago e, na actualidade, vive na capital de Ruanda, dende onde realiza a cobertura fotográfica para a axencia France Presse desa zona.
Estes premios recibiunos por un traballo propio que fai polos hospitais psiquiá-tricos de África; un traballo no que amosa as penosas condicións nas que viven os internos. Son fotografías duras, que con crueza nos amosan a realidade desta rexión olvidada.
Con mi trabajo en los hospitales buscaba algo diferente de lo que hacen la mayoría de los fotoperiodistas que trabajan aquí. Decidí seguir un camino lo más directo posible hacia el espectador. Buscaba herirlo porque me parece increíble que se le preste tan poca atención al lugar donde han sucedido y suceden las cosas más terribles del planeta.

Tras deixar a carreira de Económicas, Cendón marcha a Madrid, onde estuda Periodismo e Cine. Ó principio traballou como freelance, facendo reportaxes en países con conflictos armados, como Colombia ou os países palestinos, ata que recalou en África, onde xa leva vivindo dous anos.
Recoméndovos que lle botedes un ollo ás súas imaxes nesta galería.




Que fotos tan expresivas gustanme. Esas fotos non deixan indiferente a nadie
Si. A verdade é que son moi boas. Parece mentira todo o que se pode expresar cunha soa fotografía.
Un saúdo.
me ha gustado muchisimo la obra de Cendon, es impresionante gracias por darnoslo a conocer. un saludito
Pois está moi interesante, non coñecía a súa obra.