La Coctelera

Portada

7 Mayo 2007

NOVAS II



- No CGAI están a expoñer a obra do pintor pontevedrés Manuel Moldes. A mostra titúlase Bicos de Cine epretende ser un achegamento ó cine a través de 25 estampas.

- Lembrade que a finais deste mes remata o prazo para presentar as vosas curtametraxes ó concurso Cooperación XXI. Tamén a finais deste mes remata o prazo para presentar os vosos deseños para a XXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, así coma os vosos traballos de fotografía dixital e videocreación para o Fivad 2007.

- Máis concursos que vos poden interesar son o I CONCURSO DE CLIPMETRAJES SOBRE LA GLOBALIZACIÓN, onde se piden videos e animacións en flash cun minu-to de duración máximo. O obxectivo: fomentar a participación solidaria nos soportes dixitais e favorecer a implicación dos cidadáns con este tema. Na súa páxina web podedes atopar os videos e as bases do concurso. E outro de animación, pero que remata a finais de xuño, é o VIII CERTAMEN NACIONAL FERNANDO QUIÑONES. Podedes atopar máis información no seguinte link.

- Xa está aberta a convocatoria da duodécima edición do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, que terá lugar do 17 ó 24 de novembro do 2007. Ademais, o festival organiza un concurso a través da súa páxina web para elixir a mellor película independente da temporada 2006/2007. Podedes gañar un premio composto por:

- Dous días de estadía en Ourense con gastos pagos (aloxamento e comida) durante o festival para dúas persoas.


- 2 acreditacións para o visionado de tódalas películas.

- 2 lotes de edicións do 12º festival.


- Esta fin de semana estrenouse a última película de Antón Reixa: Hotel Tívoli. É unha historia de historias en torno a un chisqueiro, que conta con máis de 40 actores que viven 11 historias en 10 cidades distintas. Algunhas destas historias son as aventuras dunhas rapazas que acuden a ver ó Papa en Madrid, o encontro entre unha avogada danesa e un trompetista galego propietario dun karaoke en Groenlandia, a paixón inmediata de dous nenos nun encontro fugaz nun aeroporto ou un financeiro triunfador disimulando a súa cleptomanía en Lisboa. Como vedes, historias moi dispares, pero a película céntrase no tema da paixón amorosa.

servido por Mónica sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Mónica

audiovisualgalego

Vigo, España
ver perfil »
contacto »


contadores
contadores


observa

The House Of Blogs, directorio de blogs

Rate me on Bloggoggle

Fotos

Mónica Camba todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera