A Academia escolle as mellores producións do audiovisual galego, as cales se entregarán mañá na Coruña. Un franco, 14 pesetas con 15 candidaturas parte como a gran favorita para os premios Mestre Mateo, que se celebran mañá no Teatro Colón da Coruña. Entregaranse ata 25 estatuíñas nunha gala que será presentada por Manuel Manquiña e Antonio Durán (Morris). A gala, coma ven sendo habitual, será emitida pola TVG e comeza ás 21:30 hs.
Tan só se coñece o Premio de Honra Fernando Rey que outorga a Xunta Directiva da Academia, e que este ano recae no realizador Pedro Amalio López. Este realizador supuxo no seu momento un auténtico descubrimento para os profesionais do audiovisual galego, descubrimento que hoxe recobra sentido ó ser recoñecido e distinguido con este galardón. O premio será entregado pola presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas.
Outras que parten tamén cun bo número de candidaturas son De Profundis, con nove candidaturas, De Bares, con sete e a comedia Mia Sarah, con cinco.
MIA SARAH
DE BARES