O cineclube Lumiere é unha asociación cultural de Vigo que se fundou no ano 1993. Creárona uns afeccionados ó cine para recuperar a tradición dos cine-clubs na cidade e para poder desenvolver actividades relacionadas co mundo audiovisual. Eles son os encargados das proxeccións que se fan no Auditorio do Concello tódolos meses e que pretenden achegar películas de interese para tod@s @s cinéfil@s, así como películas ás que non é moi doado acceder.
As proxeccións son os luns ás 20:30 horas e a programación deste mes inclúe as películas "Nordés", "Vivir a súa vida", de Jean-Luc Godard, e "Brick", unha pelícu-la que acadou numerosos premios, entre eles o Premio ó Mellor Director Revela-ción no Festival de Sitges e o Premio Especial do Xurado á Orixinalidade de Visión no Festival de Sundance. Tamén ían proxectar "O almorzo espido" ('Naked Lunch'), de David Cronenberg, pero debido a uns problemas técnicos finalmente esta proxección non se levou a cabo. Foi unha mágoa, xa que moitos quedaron sen a oportunidade de ver esta película, baseada na novela de William S. Burroughs; un escritor que formou parte da Xeración Beat.
Ademais, o 25 de maio proxectan en colaboración coa Alianza Francesa o filme "C.R.A.Z.Y.", de Jean-Marc Vallée, ás 20:30 horas no Auditorio do Centro Cultural Caixanova.
E en Santiago de Compostela, o Cineclube Compostela ofrece tamén proxec-cións interesantes, con películas doutros países e de directores pouco coñeci-dos. Dúas propostas interesantes para todos aqueles cinéfilos que queiran dis-frutar dunha boa sesión.
BRICK
NAKED LUNCH
CRAZY




Escribe un comentario