Festival de CANS 2007
O sábado 26 rematou o festival de Cans, o festival galego que se celebra nas mesmas datas que o de Cannes, pero con máis 'jlamur'. Nel podemos ver o que se vai cocendo dentro do noso panorama audiovisual, disfrutar coas mellores curtas nos distintos galpóns preparados para o evento, facer unha viaxe nun chimpibus - eses pequenos tractores que resultanun medio de transporte idóneo para o público do festival - ou disfrutar coas actuacións musicais de grupos galegos.
Este ano, por vez primeira, houbo ademais do clásico concurso de curtas, un concurso de videoclips musicais, no que se alzou co premio do xurado o grupo baionés Niño y Pistola, con Song 74; un videoclip realizado por Manolito Portolés, un dos membros do grupo.
O premio do público ó mellor videoclip foi para Como cada día, de El Cubo, traballo incluído no seu disco Aurora
O premio de honra Pedigree '07 entregouse o venres 25 a Antón Reixa, o mesmo día das proxeccións de Só concertinas, o documental musical de Víctor Coyote que trata sobre este instrumento do norte de Portugal, e de Gritos en el pa-sillo, unha longametraxe de animación feita con cacahuetes (como esquecer a Juanjo Ramírez, o director da película, paseando por Cans co cacahuete protago-nista do filme). Pola noite, concertos de Víctor Coyote, Pablo Novoa e The Ellas, o grupo do actor Luis Tosar.
Só me queda felicitar ós responsables do festival. As miñas noraboas para Alfonso Pato, o director do festival; a Xosé Holgado, que xunto a César Lourido coordinou aquelo para que saíra todo ben; á xente de produción, entre os que, entre outros, se atopaba Tamara Blanco, así como algúns alumnos do Ciclo Superior de Produción do IES Audiovisual de Vigo.... Moita xente que aportou o seu traballo e esforzo para que o festival fora, un ano máis, todo un éxito.





culturavisual dijo
Soábame este festival pero non sabía moi ben de que ía. Gustoume a de gritos en el pasillo, "la primera película de animación de frutos secos del mundo" jajaja, moi orixinal, deberon ser unhas risas ver ó home paseando por aí ó cacahuete. Saúdos.
29 Mayo 2007 | 05:15 PM