Como ultimamente non teño publicado moito de fotografía, hoxe vou falar dun fotógrafo galego, un fotógrafo que constitúe un dos exemplos máis orixinais da fotografía actual.

Trátase de Fran Herbello, un artista que emprega o corpo para reflexionar sobre a identidade, a memoria, o tempo ou a morte. As súas imaxes manipuladas intentan golpear e chamar a atención do espectador.

Como di no seguinte link, gústalle xogar con elementos cotiáns creando novas situacións que rompen a forma usual de ver o familiar.

Esculpo sobre a pel, fago intervencións efémeras que documento con imaxes en branco e negro, veraces, de rigorosidade científica.

Fondos neutros e xogos de contrarios que bailan entre a repulsa e o riso, entre o que se ve e o que é, botando man dos mínimos e máis achegados elementos.

Corren tempos rotos.

Estase vivindo unha regresión ao íntimo. Dende o recollemento e a autoanálise téntase a reestruturación dunha identidade acosada pola sociedade dixital e acelerada.

O corpo non atopa o seu lugar, o dixital non encaixa coa súa materialidade e a súa directa relación coas sensacións estase desdebuxando.

Existe a posibilidade de desprazarse por espacios virtuais a través dun corpo adoptado e idealizado.

Os verbos reflexivos que describen accións que se fan sobre o mesmo corpo perden a súa cualidade.

Xa non son eu o que desprazo o meu corpo, o que me desprazo.



Velaquí algunhas máis das súas imaxes: