O vindeiro luns 11 de xuño remata o prazo para solicitar as subvencións para a realización de curtas. Dende a Axencia Audiovisual Galega din que agardan que este ano se eleve o número de proxectos presentados, así como a súa calidade.

O ano pasado, entre as que recibiron subvención estaban A Casa de Lola de Andrés, A meiga chuchona, Incomunicados, Premio, Amelia e as Sereas, A flor máis grande do mundo,Sen chumbo... Todas elas curtas que teñen participado en diferentes certames e festivais.

No seguinte link podedes ver un interesante artigo sobre as subvencións ás producións audiovisuais. Agora igual xa é un pouco tarde para os rezagados, pero sempre nos quedará o ano que vén... (creo que isto xa o dixera o ano pasado).