Como tódolos anos, o CGAI organiza cursos e seminarios sobre distintos aspectos do mundo audiovisual, impartidos por destacados especialistas do medio. Entre estes están os cursos englobados en Cero en Conducta, talleres sobre o mundo da imaxe de carácter monográfico.
Dentro deles, o CGAI ofrécenos un curso sobre o cinema español e as vangardas, outras prácticas artísticas, conceptualismo, situacionismo e demais ralea ... Un curso que leva por título 'Extraterritorial, vangarda e experimental ' e ó que van acudir expertos de toda España; entre eles, atópanse Román Gubern, José Luis Castro de Paz, Javier Rioyo, Margarita Ledo, Marc Recha, Basilio Martín Patino, José Antonio Sistiaga, Ramón Masats, Alberte Pagán, Eugeni Bonet ou Manuel Palacio. O curso terá lugar o vindeiro mes de xullo e custará 30 euros.
Outro curso que organizará o CGAI, xa fóra de Cero en Conducta, será o de 'Cine e modernidade: as transformacións da percepción', do cal podedes atopar máis información no seguinte link. Nel reflexionarase sobre cal é o papel que o cine ten na modernidade e nos cambios producidos nas formas de percepción, nunha nova dialéctica entre o tempo e o espazo. Neste caso, o prezo é gratuito previa inscrición.
E para os que vos interese, premendo o seguinte link podedes atopar a programación do CGAI para este mes de xuño.



Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados