La Coctelera

Portada

26 Junio 2007

E chegado o verán...



...chegan os festivais!! A pasada semana comezou en Vigo o festival de Jazz Imaxina Sons, un festival que naceu co obxectivo de dar cabida dentro da escena musical galega ó jazz europeo e que, como nas edicións anteriores, invade teatros, auditorios, locais da cidade e mesmo espazos na rúa para ofrecernos concertos de diferentes formacións de jazz.

Este ano poderemos ver entre outros a Orquestre Nacional de Jazz francesa, Carlos Bica & Trío Azul, Renaud García-Fons & Jean-Louis Matinier, D'jazz trio, The Missing Stompers, Jan Garbarek, John Surman Quartet, Chano Domínguez e a Imaxina Jazz Orchestra.

Pero este non será o único (nen o último). O Festival de Músicas Itinerantes Chan D'Arquiña, coñecido como Festichan, chega este ano a súa cuarta edición. Os días 6 e 7 de xullo poderemos bailar co hip-hop de Dios ke te Crew, vivir en directo o rock de Hollywood Sinners, ver en acción ós gañadores do concurso de maquetas Tanghana's Show, pasar un bo rato cos grupos Remendaos, Obrint Pas, La Troba Kung-Fu ou Sagarroi, así como a aplastante posta en escea do grupo Spunkfool.

Este festival debemos agradecerllo ó esforzo e ás gañas duns rapaces que tódolos anos loitan por sacar este festival adiante. Ademais dos concertos, haberá tamén distintas actividades, comoun roteiro de senderismo, onde se poderán coñecer as paisaxes que compoñen o entorno de Chan D’Arquiña; obradoiros de malabares e de percusión...

E o mellor de todo é que a entrada é de balde. Se non sabedes moi ben onde queda, na súa páxina web indícanvos como chegar ata alí.

Tan só 6 días despois e 50 km. máis lonxe temos o festival Cultura Quente, en Caldas de Reis. Os días 13 e 14 de xullo poderemos ver alí a grupos tan coñecidos do panorama nacional e internacional como Asian Dub Foundation, Kula Shaker, Sex Museum, Marky Ramone, Catpeople, Ectoplasma... Un montón de grupos interesantes que poderemos ver (tamén de balde) nesta localidade pontevedresa.

E isto non fai máis que comezar!! Xa vos iremos informando destes e outros festivais que se celebren por aquí cerca. Un saúdo.

Tags: musica, festivais

servido por Mónica 4 comentarios compártelo

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

puntodelectura

puntodelectura dijo

y no me queda nada lejos y ni enterada estaba ¬.¬

27 Junio 2007 | 08:18 PM

films

films dijo

O festichan parece ter un cartel interesante haberá que botarlle unha ollada a ver se me acerco dende cangas ;)

30 Junio 2007 | 01:21 PM

culturavisual

culturavisual dijo

Eu fun o ano pasado ó Cultura Quente e estivo moi ben, a pesar da calor insoportable que facía... A ver se este ano repito!

Outro festival que destacaría é o de Ortigueira, mesmo aínda que non che guste a música, hai bo ambiente e pásase moi ben. Saúdos!

1 Julio 2007 | 07:18 PM

Mónica Camba

Mónica Camba dijo

Por suposto que hai que destacar tamén o festival de Ortigueira, ó que seguramente lle adicarei un post proximamente. Nunca fun, pero todo o mundo recoméndao -como moi ben apuntas, non só pola música-.

En canto ó Festichan, tamén pinta bastante ben. Así que haberá que pasar por alí, eh films?

Un saúdo a todos.

2 Julio 2007 | 02:01 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Mónica

audiovisualgalego

Vigo, España
ver perfil »
contacto »


contadores
contadores


observa

The House Of Blogs, directorio de blogs

Rate me on Bloggoggle

Fotos

Mónica Camba todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera