Tras unha breve pausa na que estiven ocupada na rodaxe dunha curta -xa vos falarei dela máis polo miúdo proximamente-, retomo o tema do blog para comentaros as novidades deste período estival.

Onte celebrouse en Vigo o Maratón Fotográfico 2007, que este ano celebraba a súa duodécima edición. Nel participaron algo máis de 110 participantes, a maioría deles na categoría dixital, que tiñan que conseguir as mellores fotos sobre os catro temas propostos: Sabores, Barras, Embarcados e Miradas. Este evento adicado a todos aqueles afeccionados da fotografía organízase cada ano grazas a Agrupación Fotográfica Galega.

Entre as mellores propostas presentadas se repartirán os tres primeiros premios, valorados respectivamente en 1.000 €, 400 € e 250 €. Ademais, a organización concede tamén catro accésits valorados en 150 € cada un. Moita sorte a tod@s os que participáchedes. E para despedirme, unha mirada felina dende as rúas do casco vello de Vigo.

Mirada-felina