Animación
- A asociación SnowboART celebra o seu VII Concurso SnowboART baixo o tema "Neve, forma de vivir deslizando". Neste link podedes atopar máis información sobre as bases do concurso.
- Tamén chega a súa sétima edición o Concurso Internacional de Curtas de Animación 3D "Ciudad de Arnedo", onde podedes presentar ata 3 curtametraxes de animación en 3D cunha duración non supere os 10 minutos. Aquí podedes descargar as súas bases.
- E para quen prefira a animación en flash, o concello de Barakaldo convoca o VII Concurso de Humor Gráfico e de Flash "Novas Tecnoloxías", de carácter internacional onde os participantes terán que enviar unha escena relacionada coas novas tecnoloxías cun impacto na vida cotiá que permita ós cidadáns reflexionar sobre os novos ámbitos do progreso científico.
Carteis
- A asociación cultural Ribadavia Activa -T convoca un concurso de carteis para seleccionar o cartel anunciador da VII Edición da NOITE MEIGA.


Fotografía
- National Geographic, en colaboración con Hewlett Packard, organiza o seu 2º Concurso de Fotografía National Geographic. De entre todas as fotografías recibidas, outorgaranse un primeiro e segundo premio por categoría (Xente, Paisaxes e Animais). Ademais, as tres fotos que obteñan o primeiro premio participarán na fase internacional do concurso fotográfico NG que se celebrará en Washington DC en outubro.
- O Concello de Redondela organiza o I Certame de Fotografía Dixital VISIÓNS. O título do certame é fotografía turística en Redondela, puidendo presentarse obras sobre calquera elemento do concello que poida servir para a súa promoción. Poden presentarse un máximo de 3 fotografías impresas e ata 7 en formato dixital por cada autor. O prazo remata o 24 de agosto e aquí podedes consultar as BASES.
-O concurso de fotografía de viaxes VIAJARTE chega a IV edición. Poden participar aquelas persoasque teñanentre 15e 30 anos. As fotografías poden ser en branco e negro ou cor, existindo dúas categorías: unha para fotografía e outra para serie de fotografías, debendo estar relacionadas co tema das experiencias viaxeiras. Para consultar as bases, premede o seguinte link.
- O Concello de Ares (A Coruña) convoca o 3º concurso de fotografía "Alianza Aresana". Pódese participar enviando fotografías relativas a Ares, o seu entorno, festas e xentes, ou ben fotografías relacionadas co traballo. Aquí atoparedes máis información sobre este concurso.
- Tamén chega a III edición o concurso de fotografía TURISMO RÍAS BAIXAS. Cada fotógrafo poderá presentar un máximo de tres fotografías que deberán reflectir os aspectos lúdicos do turismo na provincia de Pontevedra. O prazo de presentación remata o 30 de novembro. Se queredes saber máis, consultade na súa páxina web as bases do concurso.
- Outros concursos interesantes: Huevos Pitas 2007; Los Servicios Urbanos en blanco y negro (consultar na sección Destacamos) ou Enfoca o Galego.
Cine e Video
- A SCIFE (Semana del Cine y de la Imagen de Fuentes de Ebro) convoca o certame cinematográfico "Un minuto de agua, una gota de cine", onde poderán participar todas as persoas que así o desexen. Os traballos deberán presentarse en formato DVD e non exceder os 60 segundos, incluíndo os títulos de crédito. Máis información neste link.
- ESCORTO, festival de curtas de El Escorial, convoca na súa sección especial un concurso de ESpots, de temática libre e cunha duración entre 30 seg. e un minuto. Máis info aquí.
-O certame nacional de curtametraxes Ciudad de Dos Hermanas chega a súa quinta edición. As obras presentadas deberán ter sido realizadas con posterioridade ó 1 de xaneiro do 2005 e a súa duración non poderá exceder de vintecinco minutos. Podedes atopar as bases completas do concurso na súa páxina web.
- La Casa Encendida volve a celebrar o seu festival de curtas en Super-8 Toma Única, que este ano celebra a súa 3ª edición. Podedes enviar a vosa curta antes do 1 de outubro. O Festival terá lugar na Casa Encendida (Madrid) os días 1 e 2 de decembro. Neste link atopades as bases deste concurso. Ademais da sección de curtas a concurso, tamén proxectarán unha mostra de curtas en Super-8 premiadas en festivais europeos. Tamén ofrecen consellos e recomendacións para a vosa rodaxe en Super-8.
- O cineclube Vilafranca ampliou ata o 20 de agosto a data para presentar os traballos para a XII Mostra de Curtmetratges de Vilafranca, xa sexa na súa selección oficial (curtas de ficción, documental ou animación de ata 25 minutos en formato 35 mm) ou na categoría Pantalla Oberta (curtas de ata 20 minutos en formato DVD). Para inscribirse hai que enviar unha copia de visionado en DVD, además dun CD que conteña todoo material que se solicita. As bases atopádelas aquí.
- E para quen lle interese precisamente o documental, informaros de que xa está aberta a convocatoria para participar na IV Edición do PLAY-DOC, o Festival Internacional de Documentais de Tui. Ademais da sección oficial a concurso, haberá unha sección informativa non competitiva, así como unha serie de actividades paralelas en estreita relación ós contidos do festival. Para máis información, consultade o seguinte link.




Muchas gracias por recopilación de concursos!!! Más de uno puede ser interesante.... por ejemplo el de super8 en Madrid... vete preparando Mónica... jurjur
Hay que publicitar más el blog... merece la pena.
Moitas grazas polos ánimos. Fago o que podo.
Un saúdo!!