Alén Filmes comezou esta semana en Vigo a rodaxe de Acrobáticos, unha peza documental sobre o parkour (arte do desprazamento) e a ximnasia acrobática, e que segundo din son os deportes de moda entre os adolescentes da cidade olívica - aínda que eu aínda non vin a ninguén facendo este tipo de acrobacias pola rúa -.
O parkour é unha modalidade de deporte urbano que explosionou coa aparición do filme Yamakasi (a primeira aparición en España) e a ximnasia acrobática ten os seus primeiros referentes nos ximnastas da Europa do Leste.
Cada actividade ten o seu particular fío conductor en forma de música e cor. O parkour está representado por músicas cun carácter mais urbano, con ritmos hip-hop e hard rock, mentres que a ximnasia acrobática conta cunha música máis propia das pistas de baile con anacos de bandas sonoras, máis propias dos exercicios de competición.
O filme, dirixido por Jorge Méndez, é unha das pezas subvencionadas este ano pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Aquí vos deixo algúns vídeos de parkour para que lles botedes unha ollada:
E neste link, podedes ver un documental moi interesante realizado pola TV francesa (subtitulado en inglés), co cal descubriredes cousas bastante interesantes sobre o parkour, así como a filosofía que envolve a este deporte extremo.



¿cuando lo van a emitir?