Sinto moito non ter escrito ultimamente, pero xaneiro está sendo un mes fastidiado, xa que logo veñen os exames da universidade e hai que estudiar un chisco.


Pero imos ao que realmente interesa. A Asociación Cultural Arela  abriu xa o prazo de admisión de curtametraxes para a vindeira V Edición do Festival de Cans, que se celebrará entre o 21 e o 24 de maio. Os interesados tedes que mandar as vosas curtas nun DVD cos vosos datos de contacto, ficha técnica da curta e un fotograma da curta xunto cun cartel en formato JPG.

As curtas non poden exceder os 25 minutos e deben ter sido producidas entre o ano 2006 e o 2008.


Tamén se abriu o prazo de admisión de videoclips de grupos galegos. Tanto nun coma noutro caso as obras deben enviarse antes do 15 de marzo. Máis info no seguinte link.