Velaquí vos vai unha selección de curtas galegas que podedes atopar noYoutube.


BECHOS RAROS

Bechos Raros é unha curta rodada en Santiago de Compostela no ano 2006, tras resultar o seu guión o gañador do concurso estatal de guións para curtametraxes de ficción Compostela Plató. O guión e a dirección é de Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes. A peza non ten desperdicio.



PREMIO


É a historia dunha desas 'persoas milagre' que vive feliz e fai feliz a quen o rodea. Tin é un mozo de 25 anos que non traballa e vive feliz ao seu xeito. Todo o que ten conseguiuno tras participar en todos os concursos ao seu alcance.



A ESPIA QUE XURDIU DO FILLO

Peza en 3D que relata como un fillo se equivoca e toma ao seu pai, un experto na linguaxe dos signos, por un espía.



INCOMUNICADOS

Incomunicados trata dunha especie contemporánea de Matanza do Porco. Nun vagón dun tren de cercanías prodúcese un malentendido entre o protagonista, un home que regresa a casa despois do traballo na oficiña, traxeado, cun elegante portadocumentos e un xove obeso. Malentendido que é visto por outros ocupantes de vagón e que solucionaríase só con que un falara. Pero ningún o fai. Magnífico traballo de Juan Galiñanes.