PACKAGING VS. PUBLICIDADE
Aínda que me afasto lixeiramente do tema do meu blog, como teño que facer un traballo sobre a influencia ou non do packaging (parte do marketing que se encarga do deseño de envases de produtos) á hora de consumir determinados produtos ando a buscar info pola rede, atopando cousas tan interesantes coma estas.
Segundo o portal de publicidade e marketing Md , o packaging debe conquistar ó consumidor en poucos segundos, debido a que a maior parte da toma de decisións de compra lévanse a cabo no punto de venda. Os envases dos produtos son unha ferramenta importantísima da comunicación da marca e, no punto de venda, os envasados dos produtos son quen de conquistar ó consumidor en 4 terreos distintos: a empatía, a persuasión, o impacto e a comunicación. Segundo un informe levado a cabo por Nielsen di que o envase xoga un papel aínda máis importante para as marcas con pouco apoio publicitario e impulsa a compra de determinadas categorías.
E imaxino que terán a súa razón cando no blog Advertising Dreams! contan que a empresa NXT lanza ó mercado un xel de afeitado sen invertir un só euro en publicidade. A súa estratexia pasa por ofrecer un bo packaging, cunha luz que ilumina o xel simulando as típicas lámpadas de lava. O creador do produto Jamie Leventhal di que unha marca pequena como a súa non pode permitirse gastar o que fai Unilever en Axe. Imaxino que o envase será caro, pero segundo Leventhal custa moitísimo menos que o que tería que invertir nunha campaña de publicidade. Polo de agora, teñen conseguido numerosos artigos na prensa norteamericana.

Tamén atopei un blog con novas sobre o packaging, no que atopamos tamén información interesante. Velaquí vos deixo algunhas imaxes obtidas nesa páxina.







publikda dijo
jejeje, cuánto blog hablando de esto...es el día dle packaging....qué gracia :D
moni, dos cosiñas, mándamee la cuñaaa jajaja que sino siempre te olvidas :P
y la otra: sabes si hay algun video de los del hormiguero imitando a los OK go?
besoo
6 Marzo 2008 | 09:30 PM