E un ano máis a Academia Audiovisual Galega premiará os mellores traballos do audiovisual galego. A gala vaise celebrar o 15 de Abril no Teatro Jofre, en Ferrol, onde se entregarán os premios ás mellores obras de factoría galega realizadas nos distintos campos que abrangue o audiovisual feito en Galicia.

No seguinte link podedes ver a tódolos nominados nas diferentes categorías.

Entre os que optan ao premio á mellor longametraxe, atopamos ConcursanteHotel Tívoli (a última peli de Reixa que vainos contando diferentes historias seguindo a traxectoria dun chisqueiro), Unha muller invisible (de Gerardo Herrero, o director de Heroína) e O neno de barro (película de Jorge Algora que nos leva ao Buenos Aires de 1912, a un barrio da clase media emerxente onde se están producindo arrepiantes crimes).

Tamén este ano se entregará un premio á mellor obra experimental ou interactiva. Os seus nominados son Cousas do Kulechov (falso documental que presenta un suposto conflito bélico onde o exército invasor ataca as costas galegas), Ecos (de Rubén Coca, director de numerosas curtas), O humanoide e SQR.

Entregaranse tamén os premios ao mellor programa e á mellor serie de TV. En canto á publicidade, este ano optan á mellor obra publicitaria a Campaña de Estrella Galicia Mapie, de MondotropoEn galego tes todo por dicir, de Congo Producciones Audiovisuales e Gráficas, que tamén compite con Vivamos como galegos (campaña ben coñecida por tod@s); e, por último, As Cores da Rúa, de Lúa Films.

Aquí vos poño os spots para que lles botedes unha ollada. ¿Cal credes que gañará?


En galego tes todo por dicir 


Vivamos como galegos


Spot Mapie Estrella Galicia - Encierro 

Aquí vos deixo outros spots da campaña: MAPIE- MúsicoMAPIE- Crowd e MAPIE- Pastor.

As cores da rúa


En vindeiros posts intentarei poñer máis información sobre outros nominados aos Mestre Mateo.