Hollywood, na súa incensante procura de ideas para facer películas, rescatou a figura do home de ferro: Iron Man, outro dos heroes da editorial norteamericana Marvel Cómics (dos que un gran número xa teñen pisado a gran pantalla, como Spiderman, Os catro fantásticos, O incrible Hulk...)
Creado polo célebre Stan Lee, a primeira aparición de Iron Man foi no número 39 do cómic Tales of Suspense, no ano 1963. Este personaxe caracterízase por poseer unha poderosa armadura, que lle outorga poderes, se ben estes poderes variaron co paso do tempo, do mesmo xeito que a súa primeira armadura voluminosa por outra que se amoldara ao corpo de Anthony Stark, a identidade pública deste heroe.
Pero isto non é todo. A película virá acompañada por un videoxogo da man de Sega, ademais dunha nova serie de animación protagonizada polo personaxe (doce anos máis tarde de que se cancelara a última serie), e que posiblemente será estreada tras o lanzamento da película.
E aquí o videoxogo:
Iron Man : Premier trailer du jeu vidéo
Cargado por SEGA




La verdad que no soy muuy fan de los comics y tal, pero he de reconocer que se pueden sacar millones de ideas creativas leyéndolos...tendré que buscarme alguno que meguste de verdad
Viste que algo algo atiendo en clas eehh? ajaj
muaa