Este é o titulo do último film de Michel Gondry, coñecido director de cine, videos musicais e anuncios televisivos, que se caracteriza polo seu innovador estilo visual e a súa manipulación da posta en escena. Nesta película, o director de Human Nature ou a formidable Olvídate de mi traenos unha magnífica comedia con Jack Black, Danny Glover e Mia Farrow, onde fai continuos homenaxes a películas clásicas coas que todos crecemos. Jerry (Jack Black) asalta unha central eléctrica que, segundo el, lle está a causar dores de cabeza. Pero o problema é que isto fai que quede magnetizado e borre todas as películas do videoclub do seu amigo. Entón terán que solucionar este problema e volver a grabar grandes clásicos do vhs. Por certo, ademais hai un concurso que consiste precisamente en facer un cutre remake da túa película favorita. Para consultar as bases ou máis información premede no seguinte link.
A carreira de Gondry comezou a finais da década dos 80, dirixindo os videos musicais do que por entón era o seu grupo musical Oui Oui. O seu estilo chamou a atención da cantante islandesa Björk, e así comezou unha longa colaboración entre eles que se extendería ao longo dos anos e que comezou coa realización do video musical de Human Behaviour.
Tamén ten traballado con outros artistas importantes, como The White Stripes, Radiohead, Massive Attack, Lenny Kravitz, Sheril Crow, Foo Fighters, Daft Punk, Kylie Minogue, Chemical Brothers, Neneh Cherry, The Rolling Stones ou Beck.
Para The White Stripes fixo (entre outros) The Hardest Button to Button así como Fell in love with a girl, que vos poño a continuación:
Tamén resultan moi coñecidos Let Forever Be e Star Guitar para os Chemical Brothers, o Around the world de Daft Punk, Come into my world de Kylie Minogue, o Everlong de Foo Fighters e o Gimme Shelter e mais o Like a rolling stone dos Rolling Stones. Neste último empregou a técnica do bullet time, que consiste nunha extremada ralentización do tempo para poder ver movementos ou sucesos moi veloces (como o percorrido dunha bala), sendo pioneiro desta técnica -antes de que fora popularizada pola película Matrix
Menos coñecidos quizais, pero tamén interesantes, son o Je Danse Le Mia de I Am, o Feel it de Neneh Cherry ou La Tour de Pise de Jean Francois Coen.



En el "Dvdclub" Arteiensaio (C/ Progreso), tienen un dvd con la obra de Michel Gondry entre otros... Spike jonze, Chris Cunningham...
Um beijinho DeMonica
Grazas polo coment. O dvd xa o coñecía e recoméndollo a todo o mundo porque amosa un traballo moi bo. Tamén me gustou moito o de Spike Jonze da mesma serie. É unha sorte ter en Vigo un videoclub así onde se poden atopar cousas máis alá dos éxitos comerciais da tempada.
Vémonos!!
Bien tíaaa, sales en el newsleetterrrrrr :)
Está super currado el post me alegro la hostiaaa
Ja ja!! Si que saín no newsletter!! Por primeira vez!! Un biquiño guapa!!
Hola bonitaa....
estoy particpando en un super concurso...si me votas, dejando un comentario aqui te regalo una chocolatina de 69828732 metros cuadrados..pa toda la vidaa jajaja
besitos