Esta semana outorgáronse os premios Mestre Mateo. No seguinte link podedes ver o listado dos gañadores.

Na gala, presentada por Morris e Manquiña, outorgáronse 25 estatuíñas aos traballos máis destacados do audiovisual galego. A mellor longametraxe foi para O neno de barro, thriller psicolóxico baseado en crimes reais acontecidos na Arxentina de principios do século XX. Esta película foi a gran triunfadora da noite, ao facerse con 9 estatuíñas. A mellor longa de animación foi para Gritos en el pasillo, película cuxos protagonistas son cacahuetes (de verdade) e que se impuxo a outras máis afamadas como Nocturna ou Donkey Xote.

En canto a curtas, as gañadoras foron Adeus Edrada? na categoría ficciónA flor máis grande do mundo en animación. Aquí vos deixo o trailer de Adeus Edrada?

Na categoría de obras experimentais / interactivas, a gañadora da noite foi Cousas do Kulechov, de Susana Rey. E a mellor obra publicitaria foi Vivamos como galegos.