La Coctelera

Portada

11 Mayo 2008

FESTIVAL DE CANS


O festival de Cans xa vai quentando motores para a súa quinta edición, que se celebrará este ano entre o 21 e o 24 de maio. O festival contará coa presenza do cineasta vasco Juanma Bajo Ulloa, director de películas tan coñecidas por tod@s como AirbagLa madre muerta ou Alas de mariposaJuanma Bajo Ulloa participará no festival realizando un coloquio o 24 de maio, no que estará acompañado por Manuel Manquiña (co que xa traballara en Airbag). No festival tamén poderemos ver algunhas das súas curtas.

Pero isto non remata aquí. Como tódolos anos, haberá tamén música en directo no torreiro da festa, lugar onde tamén se realizará a entrega de premios. E como novidade, este ano os premios serán económicos; algo do que sen dúbida se beneficiarán os gañadores deste certame. Este ano hai 18 curtas e 14 videoclips a concurso, aos que se suman as 7 curtas que se proxectarán no Jalpón Friki.

Para todos os que queirades asistir, dende este luns 12 de maio estará dispoñible a través da súa páxina web o servizo de reserva de pack de entradas + camiseta do festival polo prezo de 14 euros (pero só ofrecerán 120 entradas deste xeito). O resto das entradas (480) serán postas á venda o venres 16 de maio ás oito da tarde no local parroquial de Cans, a un prezo de seis euros.

Así que dádevos présa, que como ben sabedes os que xa fóstedes algunha vez enseguida se esgotan. VÉMONOS ALÓ!!!

servido por Mónica sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Mónica

audiovisualgalego

Vigo, España
ver perfil »
contacto »


contadores
contadores


observa

The House Of Blogs, directorio de blogs

Rate me on Bloggoggle

Fotos

Mónica Camba todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera