Xa se publicaron ás axudas para a escrita de guións de proxectos audiovisuais. E este ano, como novidade, hai que presentar un orzamento para a escrita de guión (ao igual que acontecía nas axudas para curtas). Esta medida está levantando moitas críticas entre bastantes persoas, que se preguntan como se poden xustificar os gastos ocasionados por un traballo intelectual como é a escrita de guións. A Axencia, pola contra, di que non hai tantos problemas e vendo as innumerables dúbidas que se suscitaron por esta medida, publicou na súa páxina web que tipo de facturas poden ser admitidas para xustificar o orzamento. [Link]

Outro punto controvertido que está levantando protestas é o novo catálogo de curtas galegas publicado pola Xunta de Galicia, no que se inclúen catro curtas: A revolta dos mouses, de David Gen; O hospital, de Iván Seoane; Leo, de Fernando Cortizo e Darío e Verónica, de 235 Producciones Cinematográficas. As tres primeiras foron subvencionadas pola Consellería de Cultura e Deporte. 

Home, neste aspecto, eu creo que a labor do Consorcio non vai moi ben encamiñada a promocionar o audiovisual made in Galicia. Tódolos anos se fan un montón de curtas galegas, polo que catro non me parece unha mostra significativa e representativa de todo o audiovisual que se fai aquí. Vería isto lóxico se houbese unha moi baixa calidade nas curtas realizadas, pero non creo que só haxa catro curtas boas feitas en todo o ano en Galicia. E ademais, se isto fora así, o que estaría a fallar sería o sistema que se está aplicando á hora de conceder subvencións ás curtas galegas (o certo é que o último ano houbo un grande número de curtas galegas subvencionadas, o cal está ben, pero habería que velas todas para ver se en tódolos casos as subvencións están xustificadas)

Non sei que vos parece a vós. Un saúdo e admítense comentarios.