Paul Strand
E tamén dende hoxe pódese ver na Fundación Pedro Barrié de la Maza unha exposición do fotógrafo americano Paul Strand. Strand, ao igual que outros fotógrafos modernistas como Alfred Stieglitz ou Edward Weston, axudou a establecer a fotografía como arte durante o século XX. E foi un dos precursores da fotografía directa ou fotografía realista.
Strand comezou facendo retratos e viaxando polo país facendo fotos de colexios e fraternidades, fotografías que logo lles vendía aos estudiantes. Así foi creando o seu estilo persoal. Nesa época, o estilo fotográfico era que as imaxes parecesen pinturas, fotografías con luz difusa e lixeiramente desenfocadas. Pero Stieglitz comezou a facer o que se chamaría fotografía directa; imaxes sen manipulacións ou efectos de ningún tipo. Logo, Strand empezou a facer tamén fotografías directas, moi distintas das pictorialistas da época e de moi diferente temática. En Nova York quería fotografiar a dura cidade, retratar a xente tal e como se ve nos parques, sentada por ahí, sen posar, sen sequera saber que están sendo fotografiados. Para eso colleu as lentes da vella cámara do seu tío e as puso na súa Ensign Reflex nun lado; así estas falsas lentes apuntaban cara unha dirección e coas verdadeiras apuntaba ao que realmente quería fotografiar, sen que a xente soubese que estaba sendo fotografiada. Deste xeito fixo moitos dos seus primeiros retratos.
Esta exposición inaugurada hoxe é a primeira retrospectiva que se pode ver en España do fotógrafo americano. A mostra reúne fotos de todos os períodos da súa carreira, organizada en torno a dez seccións que permiten entender todas e cada unha destas etapas. É, dende logo, unha gran oportunidade para coñecer a este fotógrafo, un dos grandes mestres da fotografía do século pasado.





Antonio dijo
Ayer fui a la conferencia que daba el comisario de la expo, y no pude ir a la Casa de las Artes a ver el Fotomaratón...
Te falta por poner una de sus fotos más importantes (http://www.metmuseum.org/TOAH/HD/pstd/ho_1987.1100.10.htm) considerada como una las primeras fotografías abstractas de la historia...
Um Beijinho
3 Octubre 2008 | 11:52 AM