E un ano máis comeza outra edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, que este ano xa vai pola súa decimoterceira edición. Celebrarase entre o 11 e o 18 de outubro e nel poderemos ver 301 producións cinematográficas e audiovisuais xunto a unha mostra de producións made in Galicia.
Poderemos ver 116 proxeccións na sección competitiva, entre largometraxes, animación, curtas, documentais e novos media. Cabe destacar a forte presenza de curtas desta sección, con ata 51 pezas. Este ano hai, ademais, 12 seccións temáticas, que abranguen dende a emigración, a memoria histórica ou o diálogo de xeracións, ata retratos de cine ou saír do armario.
En paralelo a estas proxeccións haberá actividades paralelas dirixidas a estudantes e profesionais da comunicación, tales como masterclasses, foros de debate e espazos de encontro.
Sen dúbida poderemos ver filmes moi interesantes que non se soen ver nas redes habituais de difusión. Arriba, unha imaxe da película chinesa Bi An, de Zhang Yibai.



Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados