Tras un parón de verán, volto con algunhas novas destes últimos días (imaxino que a alguén lles interesarán)
Por unha banda, moitos xa oiréchedes falar do novo videoclip do grupo de rock Radiohead, no que grazas a dúas tecnoloxías das empresas Geometric Informatics e Velodyne. As tecnoloxías empregadas no video permiten capturar imaxes en 3D do mundo real sen empregar lentes, mediante un sistema de xeometría informática que produce un feixe de luz que rexistra imaxes tridimensionais se se proxecta a pouca distancia do obxecto. Isto foi empregado para os planos curtos.
Ademais, a banda empregou un sistema que utiliza diferentes láseres para capturar contornos de maior tamaño, coma paisaxes. O resultado é este videoclip, realizado sen empregar nen cámaras nen iluminación; tan só láser e datos. Os datos poden ser descargados dende esta páxina web.
Por outra banda, unha nova que de seguro interesa a tod@s os galeg@s relacionados co sector audiovisual. Segundo unha entrevista concedida por Suso Iglesias, director da TVG, a un xornal galego, a segunda canle da televisión autonómica arrincará en outubro as súas emisións. Segundo conta Suso Iglesias, esta canle irá esencialmente dirixida ó público infantil, aínda que tamén haberá contidos xuvenís, culturais e de servizo público, dando así cabida a aqueles contidos que non se atenden en exceso pola guerra de audiencias. Ademais, segundo as declaracións de Suso Iglesias, esta segunda canle non implicará a creación de novos postos de traballo. No ano e medio que queda para o apagón analóxico, di que van a manexar pouco orzamento, polo que se poñerán "series para nenos que xa estaban ahí, dobradas porque o Xabarín as emitiu fai anos e que as recontratan agora a un prezo moi barato".
E outra nova que nos chega estes días pola Axencia Audiovisual Galega, é que neste segundo semestre do ano faranse en Galicia cerca de cen producións audiovisuais, nas que predominarán as curtametraxes de ficción. Segundo a Axencia, esta cifra amosa un crecemento superior ó rexistrado en anos anteriores, e dentro destas producións estarán representados todos os modelos de produción posibles: dende óperas primas a directores con experiencia, cinema comercial, coproducións con outros territorios ou producións de baixo orzamento. A variedade de modelos de produción estará acompañada pola variedade de xéneros narrativos, dende a comedia social ata a road movie.
Dende aquí agardamos que a cantidade non vaia reñida coa calidade.
Hoxe vou adicar o post a uns rapaces galegos aos que xa fixo referencia o meu amigo Luis. Sen ningún apoio económico e gravando durante as fins de semana ao longo de 3 anos, Javi Camino dirixiu unha película chamada ¡Maldito Bastardo!, que podemos catalogar como gore en estado puro e que se puido disfrutar no Festival de Cans.
O filme, cargado con grandes doses de humor negro, sensentidos e violencia gratuita sitúase nun alucinante mundo rural onde o primitivismo, a alta tecnoloxía, a baixeza moral e a cultura psicodélica conviven en armonía. Segundo as frases publicitarias: Maldito bastardo! é un virus que devora as túas entrañas. Maldito bastardo! é un alambique humano. Maldito bastardo! é unha matanza gratuita. Maldito bastardo! é un deus de peluche. Maldito bastardo! é AMOR.
Pois esta película foi seleccionada para exhibirse na sección oficial do festival italiano de Fearmament, un festival con temática de terror que se celebra en Turín e que remata hoxe. Sen dúbida todo un triunfo para estes rapaces que, dende logo, o merecen.
Velaquí vos deixo o trailer do film, así coma o primeiro video que lanzaran no Youtube para promocionar a película. Este último (como di Luis, toda unha acción de marketing viral con selo galego) recibiumáis de 21.000 visitas no Youtube e demostrou como, aínda con poucos cartos, se poden facer accións interesantes e chamar a atención do público. Dende logo, todo un exemplo a seguir.
Xa se publicaron ás axudas para a escrita de guións de proxectos audiovisuais. E este ano, como novidade, hai que presentar un orzamento para a escrita de guión (ao igual que acontecía nas axudas para curtas). Esta medida está levantando moitas críticas entre bastantes persoas, que se preguntan como se poden xustificar os gastos ocasionados por un traballo intelectual como é a escrita de guións. A Axencia, pola contra, di que non hai tantos problemas e vendo as innumerables dúbidas que se suscitaron por esta medida, publicou na súa páxina web que tipo de facturas poden ser admitidas para xustificar o orzamento. [Link]
Outro punto controvertido que está levantando protestas é o novo catálogo de curtas galegas publicado pola Xunta de Galicia, no que se inclúen catro curtas: A revolta dos mouses, de David Gen; O hospital, de Iván Seoane; Leo, de Fernando Cortizo e Darío e Verónica, de 235 Producciones Cinematográficas. As tres primeiras foron subvencionadas pola Consellería de Cultura e Deporte.
Home, neste aspecto, eu creo que a labor do Consorcio non vai moi ben encamiñada a promocionar o audiovisual made in Galicia. Tódolos anos se fan un montón de curtas galegas, polo que catro non me parece unha mostra significativa e representativa de todo o audiovisual que se fai aquí. Vería isto lóxico se houbese unha moi baixa calidade nas curtas realizadas, pero non creo que só haxa catro curtas boas feitas en todo o ano en Galicia. E ademais, se isto fora así, o que estaría a fallar sería o sistema que se está aplicando á hora de conceder subvencións ás curtas galegas (o certo é que o último ano houbo un grande número de curtas galegas subvencionadas, o cal está ben, pero habería que velas todas para ver se en tódolos casos as subvencións están xustificadas)
Non sei que vos parece a vós. Un saúdo e admítense comentarios.
Case seguro que todos os que fóchedes nenos nos 80 recordaredes aos Fraguel: aquelas pequenas criaturas que vivían nas covas de Fraggel Rock. Pois hoxe son noticia posto que van ser levados á pantalla grande, copiando o exemplo doutras series míticas que xa o fixeron, como Alvin y las ardillas, Scooby-Doo ou Los Picapiedra. Neste caso, a película será un musical de acción real no que as famosas marionetas aparecerán xunto a personaxes reais, ao igual que acontecía na serie orixinal de Jim Henson, creador desta magnífica serie así como doutras tamén moi coñecidas por todos, como Os Teleñecos.
Quen non lembra a Gobo, Musi, Dudo, Bombo e Rossi? Ou aos curris, aqueles seres verdes diminutos parecidos aos humanos que pasaban todo o tempo traballando, construindo estruturas inútiles que sempre eran destruidas polos Fraguel ao final do episodio? Tamén estaban o tío explorador, que lle enviaba postais a Gobo tódalas semanas do Mundo Exterior; a Señora Basura, que sempre lles estaba a dar bos consellos aos Fraguel e os Goris, aquelas criaturas xigantes sempre teimando por capturalos (especialmente o fillo pequeno, Junior). E, por suposto, non me esquezo de Doc, o inventor cuxo taller daba ao mundo dos Fraguel a través dun pequeno burato na parede, se ben el non era consciente da súa existencia (cousa que non ocorría co seu can Sprocket, que sempre intentaba amosarllos ao seu dono)
Agardamos que a película sexa, cando menos, tan boa como a serie. Mentres tanto, déixovos aquí o vídeo coa sintonía da serie. Como di a canción "para disfrutar, ven a Fraggel Rock".
O festival de Cans xa vai quentando motores para a súa quinta edición, que se celebrará este ano entre o 21 e o 24 de maio. O festival contará coa presenza do cineasta vasco Juanma Bajo Ulloa, director de películas tan coñecidas por tod@s como Airbag, La madre muertaou Alas de mariposa. Juanma Bajo Ulloa participará no festival realizando un coloquio o 24 de maio, no que estará acompañado por Manuel Manquiña (co que xa traballara en Airbag). No festival tamén poderemos ver algunhas das súas curtas.
Pero isto non remata aquí. Como tódolos anos, haberá tamén música en directo no torreiro da festa, lugar onde tamén se realizará a entrega de premios. E como novidade, este ano os premios serán económicos; algo do que sen dúbida se beneficiarán os gañadores deste certame. Este ano hai 18 curtas e 14 videoclips a concurso, aos que se suman as 7 curtas que se proxectarán no Jalpón Friki.
Para todos os que queirades asistir, dende este luns 12 de maio estará dispoñible a través da súa páxina webo servizo de reserva de pack de entradas + camiseta do festival polo prezo de 14 euros (pero só ofrecerán 120 entradas deste xeito). O resto das entradas (480) serán postas á venda o venres 16 de maio ás oito da tarde no local parroquial de Cans, a un prezo de seis euros.
Así que dádevos présa, que como ben sabedes os que xa fóstedes algunha vez enseguida se esgotan.VÉMONOS ALÓ!!!
Infórmanme de que o Concello de Valdoviño organiza o I Certame do Concurso Fotográfico Internacional A Mirada Detida.
Este concurso, que se convoca con carácter internacional, ten como obxectivo potenciar a creatividade plástica mediante a fotografía, promovendo e divulgando imaxes aportadas por todos os seus participantes. Nel poden participar tanto fotógrafos afeccionados como profesionais e a temática pode ser Valdoviño, ou ben Viaxes.
O concurso dará comezo o día 1 de maio e rematará o 31 de outubro. Se queredes, podedes consultar as bases no seguinte linkou visitar a páxina web do Concello de Valdoviño.
Esta semana outorgáronse os premios Mestre Mateo. No seguinte link podedes ver o listado dos gañadores.
Na gala, presentada por Morris e Manquiña, outorgáronse 25 estatuíñas aos traballos máis destacados do audiovisual galego. A mellor longametraxe foi para O neno de barro, thriller psicolóxico baseado en crimes reais acontecidos na Arxentina de principios do século XX. Esta película foi a gran triunfadora da noite, ao facerse con 9 estatuíñas. A mellor longa de animación foi para Gritos en el pasillo, película cuxos protagonistas son cacahuetes (de verdade) e que se impuxo a outras máis afamadas como Nocturna ou Donkey Xote.
En canto a curtas, as gañadoras foron Adeus Edrada? na categoría ficción e A flor máis grande do mundo en animación. Aquí vos deixo o trailer de Adeus Edrada?
Na categoría deobras experimentais / interactivas, a gañadora da noite foiCousas do Kulechov, de Susana Rey. E amellor obra publicitariafoiVivamos como galegos.
Este é o titulo do último film de Michel Gondry, coñecido director de cine, videos musicais e anuncios televisivos, que se caracteriza polo seu innovador estilo visual e a súa manipulación da posta en escena. Nesta película, o director de Human Natureou a formidable Olvídate de mitraenos unha magnífica comedia con Jack Black, Danny Glover e Mia Farrow, onde fai continuos homenaxes a películas clásicas coas que todos crecemos. Jerry (Jack Black) asalta unha central eléctrica que, segundo el, lle está a causar dores de cabeza. Pero o problema é que isto fai que quede magnetizado e borre todas as películas do videoclub do seu amigo. Entón terán que solucionar este problema e volver a grabar grandes clásicos do vhs. Por certo, ademais hai un concurso que consiste precisamente en facer un cutre remake da túa película favorita. Para consultar as bases ou máis información premede no seguinte link.
Aquí vos deixo o trailer da película:
A carreira de Gondry comezou a finais da década dos 80, dirixindo os videos musicais do que por entón era o seu grupo musical Oui Oui. O seu estilo chamou a atención da cantante islandesa Björk, e así comezou unha longa colaboración entre eles que se extendería ao longo dos anos e que comezou coa realización do video musical de Human Behaviour.
Tamén resultan moi coñecidos Let Forever Be e Star Guitarpara osChemical Brothers, oAround the worlddeDaft Punk, Come into my worlddeKylie Minogue, oEverlongde Foo Fighterse oGimme Sheltere mais oLike a rolling stonedosRolling Stones. Neste último empregou a técnica do bullet time, que consiste nunha extremada ralentización do tempo para poder ver movementos ou sucesos moi veloces (como o percorrido dunha bala), sendo pioneiro desta técnica -antes de que fora popularizada pola películaMatrix
Pero ademais da súa prolífica carreira como director de videoclips, Michel Gondry tamén ten feitos importantísimos traballos no mundo da publicidade. Ten feitos anuncios para Levi's (Swap, Mermaids e o que vos poño aquí abaixo); para Nike (I can Play, The Long, Long Run e Leo); para Air France, BMW, Motorola... e no ano 1994 acadou o Lion D'or no Festival de Cine de Cannes por un comercial de Levi's. Este último anuncio (Levi's Drugstore) déixovolo aquí.